HomeEconomíaPromoción da cultura financieira do Banco de España, o 18 de marzo...

Promoción da cultura financieira do Banco de España, o 18 de marzo no IES Río Cabe de Monforte

O Plan de Educación Financieira levará a cabo, o próximo luns 18 de marzo en horario de 11:45 a 14:00h., un obradoiro no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, Instituto gañador do “Concurso Nacional de Conocimientos Financieros 2023”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Plan de Educación Financeira, promovido pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España (BdE) e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (MAETD), é a estratexia nacional de educación financeira en España, deseñada ao amparo dos principios e recomendacións da OCDE sobre esta materia.

Este Plan ten como principal obxectivo mellorar a cultura financieira da cidadanía e, para iso, tanto as entidades promotoras como os colaboradores do Plan desenvolven diversas actividades, algunhas dirixidas á poboación en xeral e outras dirixidas a colectivos específicos (persoas maiores, persoas vulnerables, estudantes en etapa escolar ou universitaria, etc.). Todo isto co obxectivo de que adquiran coñecementos, comportamentos e actitudes que lles permitan tomar decisións financeiras axeitadas ao longo da súa vida, así como desenvolver hábitos financeiros saudables e coñecer as oportunidades e riscos dos produtos financeiros.

O obradoiro enmárcase na celebración da duodécima edición da Global Money Week, evento organizado pola OCDE para promover a educación financeira entre a mocidade, que terá lugar do 18 ao 24 de marzo de 2024, e que estará dirixido ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, coa finalidade de concienciar sobre a importancia de saber xestionar adecuadamente as súas finanzas persoais. Neste obradoiro abordaranse, a modo de exemplo, aspectos como a planificación das finanzas persoais, os prexuízos cognitivos na toma de decisións financeiras, o consumo responsable, o risco de sobreendebedamento ó utilizar tarxetas ou a prevención da fraude. Intervirán no obradoiro:

  • 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada Rodríguez do Concello de Monforte de Lemos
  • Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa  
  • Inmaculada Fernández Teijeiro, Subdirectora Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
  • Director do Banco de España da Coruña
  • Relator España do BdE
  • María Meléndez, Relartora do Ministerio de Economía
  • Sagrario Sánchez Ramil, Xefa Territorial
  • María Bóveda Inspectora de Educación

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...