O Centro de Competencias Dixitais de Monforte de Lemos é un centro especializado en operacións de Ciberseguridade ferroviaria xestionado por LogiRail, filial de Renfe. José Tomé destaca que o obxectivo final que se marcou este centro é que se alcancen os 100 postos de traballo de profesionais altamente cualificados, segundo se vaia implantando no mercado o novo servizo.
O CCD está ubicado na Rúa Muiños de Antero, nun local de case 600 m2, no que se desenrolarán operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a posta en marcha dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo. Aos 11 empregos directos actuais, de perfís tecnolóxicos cualificados, prevese chegar no 2025 a 35 traballadores.
A compañía investiu 1 millón de euros en poñer en marcha este centro, que se une aos xa creados noutras localidades. E é que Renfe, a través da súa filial LogiRail, conta con outros Centros de Competencias Dixitais en activo repartidos por varias localidades con ampla historia ferroviaria: Linares, Teruel, Alcázar de San Juan, Miranda de Ebro e Mérida.