HomeEconomíaO 'Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra' celebra 10 anos

O ‘Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra’ celebra 10 anos

20.000 euros en premios están en xogo e o prazo de presentación de ideas está aberto ata o 31 de maio deste 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 10 anos fomentando o emprendemento e vendo como se foron materializadas proxectos grazas á achega económica que lles supuxo ser finalistas do certame.

O concurso busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Aínda que teñen preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra, o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial.

Nesta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000 € en premios: 10.000 para o 1º, 6.000 para o 2º, e 4.000 para o 3º.

Ata o 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, presentación que se fará a través da web sementeribeirasacra.org e sendo a inscrición é de balde. O 22 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

A estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa).
  • Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa).
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO).
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2024, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas –participantes das 10 ideas seleccionadas– para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 26 de outubro do 2024, data na que se presentarán os proxectos e se fará a gala de entrega de premios no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...