HomeEconomíaDestilación de crise e medidas de apoio para a D.O. Ribeira Sacra

Destilación de crise e medidas de apoio para a D.O. Ribeira Sacra

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarcos, trasladou que a Xunta pedirá ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a autorización da destilación de crise para regularizar os excedentes de viño. Así mesmo comunicou que valora a posibilidade de mellorar as medidas de apoio ao sector existentes e mesmo analizar a viabilidade de novas, en relación coa D.O. Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que pedirá ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a autorización da destilación de crise para regularizar os excedentes de viño. Así o trasladou esta mañá o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarcos, en resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª do Parlamento. Ao mesmo tempo, afirmou que a Xunta valora a posibilidade de mellorar as medidas de apoio ao sector existentes e mesmo analizar a viabilidade de novas, en relación coa D.O. Ribeira Sacra.

Seguindo esta liña, reclamou a este Ministerio que Galicia reciba o mesmo trato que outras comunidades –que si que teñen autorizada a realización da destilación de crise–, co fin de xestionar adecuadamente os seus excedentes de viño, en particular nesta D.O. de Ribeira Sacra. Lamentou, neste sentido, a falta de sensibilidade e de apoio manifestada ata o de agora por parte do Goberno central para autorizar estas prácticas na nosa comunidade, cando si se permiten noutros territorios. Neste senso, Cabarcos manifestou que por parte do Executivo central non se está a axudar para facelo posible e incluso se poñen trabas para conseguilo.

AXUDAS PARA O SECTOR VITIVINÍCOLA

José Luis Cabarcos lembrou que o sector vitivinícola galego en xeral e o da Ribeira Sacra en particular teñen ao seu dispor un importante paquete de liñas de axudas que financian distintos aspectos desta actividade. Achegas para gastos de funcionamento dos consellos reguladores, para os programas de control, para promoción, para reestruturación e reconversión do viñedo ou para investimentos en adegas. Neste sentido, o director cuantificou en arredor dun millón de euros o montante total que recibe a Ribeira Sacra anualmente por estes conceptos.

Ademais, José Luis Cabarcos explicou tamén que o Plan Estratéxico da PAC contempla dous ecorréximes para terras con cultivos leñosos en terreos de elevada pendente e bancais. A maiores, dentro das medidas do segundo piar, existe unha intervención sobre compromisos agroambientais que pode servir tamén para financiar o viñedo en pendente. Nesta liña, José Luis Cabarcos anunciou que a Consellería do Medio Rural ten previsto facer unha maior divulgación destas axudas para que aquelas persoas potencialmente beneficiarias poidan aproveitalas e subliñou que xa hai interesados na Ribeira Sacra en percibir estas achegas.

MELLORAS DE APOIO PARA INCORPORACIÓN XERACIONAL

Conscientes do envellecemento dos titulares das explotacións e a falla de remuda xeracional na D.O. Ribeira Sacra, tamén se estuda a mellora das medidas de apoio.

Neste contexto, Cabarcos puxo en valor a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Considera, ademais, que as sinerxías e complementariedades entre as denominacións de calidade e entre a actividade agraria, o turismo, o patrimonio cultural e a paisaxe pode axudar a manter e incorporar xente ao sector vitivinícola.

Vendima D.O. Ribeira Sacra / C.R.D.O.R.S.

ÚLTIMAS

Próximas xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”

Nestes encontros debaterase e realizarase unha folla de roteiro para que as Comunidades de...

Marida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Marida Maio arrincou este xoves coa presentación dos viños das adegas Val do Frade...

O PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade para a zona de baño de Ribas Altas

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa pediron en setembro de 2023 que...

O 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba...