HomeEconomíaIndustria verde e sustentable, futuro económico para o rural segundo a conselleira...

Industria verde e sustentable, futuro económico para o rural segundo a conselleira Mª Jesús Lorenzana

Esta foi unha das conclusións que fixo a conselleira na clausura das xornadas O Encontro de Sober. Diálogos rural-industria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou o venres10 de maio as posibilidades que ofrece o medio rural para o desenvolvemento dunha industria verde e sustentable, que aproveita de forma responsable os recursos naturais e contribúe a xerar emprego e fixar poboación.

Na clausura das xornadas O Encontro de Sober. Diálogos rural-industria, Lorenzana subliñou que industria e medio rural son perfectamente compatibles e, máis que nunca, complementarios, porque a industria que se basea en fontes renovables ten que asentarse alí onde está a materia prima.

A conselleira de Economía e Industria salientou que esa vai ser a aposta da Xunta, a través da Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia: facer un mellor aproveitamento dos recursos naturais buscando beneficios asociados á implantación na Comunidade de calquera proxecto industrial a través de fontes renovables.

Segundo dixo, trátase de incentivar que, deses proxectos se deriven postos de traballo, se fomente a industria local, e un prezo eléctrico competitivo para as empresas e accesible para os fogares. E, para iso, o labor da Sociedade Recursos de Galicia (RDG) vai se fundamental, engadiu.

Desta sociedade, ademais da Xunta (32%), forman parte unha trintena de empresas que sosteñen más de 21.000 empregos directos e achegan anualmente ao PIB autonómico máis de 10.500 M€ (14% do total). A súa función, segundo explicou, é apoiar proxectos centrados, fundamentalmente, na produción de enerxía renovable, a explotación de dereitos e concesións mineiras e aqueles que requiren a utilización de auga e outros recursos naturais.

Son proxectos, polo tanto, que van ter unha clara incidencia no medio rural. E, nese sentido, reiterou que, ao igual que se está a facer co de Altri en Palas de Rei, chegado o caso todos van ser sometidos a unha tramitación ambiental absolutamente garantista e só serán autorizados se cumpren con todos os parámetros medioambientais e legais que marca a normativa.

Ao respecto, Lorenzana reiterou que a Xunta vai poñer todos os medios ao seu alcance para que Galicia non perda o tren da reindustrialización; entre eles, a Oficina Económica do Igape e o Plan de aceleración de proxectos industriais para garantir acompañamento personalizado ás empresas e a máxima axilidade administrativa nos trámites. En todo caso, concluíu, “remarcando que isto nunca vai supoñer reducir garantías medioambientais nin seguridade xurídica”.

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...