HomeEconomíaCooperativa Aira: perto de 204 millóns de euros de facturación no 2023

Cooperativa Aira: perto de 204 millóns de euros de facturación no 2023

Este foi un dos datos que se deron na Asemblea Xeral Ordinaria ao facer balance do exercicio económico do 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cooperativa agrogandeira AIRA celebrou o martes 16 de xullo a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Taboada. Durante o encontro, presentáronse as contas do exercicio anterior e realizouse un balance dos datos obtidos, que amosan uns resultados moi positivos.

No 2023, ao igual que nos anos anteriores, AIRA continuou a medrar ata acadar un volume de negocio de 203,6 millóns de euros, duplicando o volume de negocio dende a fusión. É o resultado dun crecemento sostido que experimentou dende a fusión producida en 2018. En conxunto, todas as empresas do grupo acadaron unha facturación de 241,7 millóns de euros.

AIRA obtivo un EBITDA de 7,6 millóns de euros, un dato que mostra a solidez financeira da entidade e permite afrontar con solvencia os 38,6 millóns de euros destinados a investimentos nas diferentes áreas de actividade: transformación/comercialización, subministración e servicios. Dos 4,9 millóns de euros de beneficio neto, 2,8 millóns repartiranse, incrementando o capital dos socios e socias.

CRECEMENTO NAS 3 ÁREAS DE NEGOCIO

A cooperativa medrou nas tres grandes áreas de negocio, en especial naquelas actividades de referencia para o sector, coma o leite ou o penso: Comercializando 117 millóns de litros de leite (case o 100 % con certificado de Benestar Animal) e producindo máis de 277.000 toneladas de penso e mesturas, elaboradas nas plantas de Taboada e Sarria.

Máis aló da relevancia dos propios números, o mÁis importante é o valor que a cooperativa achega aos socios e ao entorno rural onde desenvolve a actividade, resaltou Daniel Ferreiro, director xeral da cooperativa e encargado de presentar os resultados ante os socios e socias. Ferreiro fixo fincapé na gran problemática que hai nos últimos tempos para conseguir man de obra para traballar no medio rural, “tanto para as ganderías como para a cooperativa está sendo unha traba importante”.

DIXITALIZACIÓN E SUSTENTABILIDADE

Coa finalidade de aliñarse coa estratexia europea ‘De la Granja a la Mesa’, na cooperativa ponse o foco na sustentabilidade e na dixitalización tanto da propia entidade coma dos socios e socias.

Co obxectivo de conseguir unha economía más limpa e sostible, a cooperativa forma parte do proxecto CEPES, que mellora a competitividade das explotacións de gando de vacún de leite mediante a innovación ecolóxica e a produción hipocarbónica cun asesoramento para a redución da pegada de carbono e hídrica.

No que respecta á dixitalización, no 2023 participaron no proxecto Trac Plus, unha iniciativa financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para desenvolver solucións dixitais específicas do sector. Concretamente, solucións para dixitalizar os axentes implicados na cadea de valor do sector lácteo dende a produción agrícola ata os produtos lácteos. Con estas medidas, ademais conséguese garantir a seguridade alimentaria e unha trazabilidade completa ata a entrega ao cliente final.

A todo o anterior cómpre sumar as solucións de AIRA en canto á xestión de datos en granxas robotizadas, dándolle valor á eficacia e precisión para optimizar a produción, mellorar a saúde do rabaño e maximizar a rendibilidade da granxa.

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...