HomesociedadeComezan as obras da nova depuradora do Polígono do Reboredo na que...

Comezan as obras da nova depuradora do Polígono do Reboredo na que se invisten 4M€

A obra foi adxudicada á empresa Espina e conta cun orzamento de 4.040.377,20 €, dos que a C.H. Miño-Sil aporta 3.334.000€ e o  Concello de Monforte, 606.000€., ó que hai que engadir o investimento que o Concello fixo para a compra da parcela adquirida a Sigalsa para destinar ó solar da nova depuradora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga,  veñen de anunciar o inicio das obras da nova Depuradora do Polígono, logo da sinatura da correspondente acta de replanteo.

José Tomé salientou que “hoxe é un día importante para Monforte porque dan comezo as obras da nova Depuradora do Polígono industrial de O Reboredo, que eran moi necesarias porque a antiga depuradora era insuficiente, e non tiña a capacidade de depuración que hoxe se require”.

Do mesmo xeito, o Alcalde subliñou  que “unha vez rematada, a nova Depuradora vai dar servizo ó Polígono que hai e ó que está previsto que creza, porque coas ampliacións que temos en marcha, contaremos cun polígono de 800.000m2, que xa é un polígono importante, e no que non hai hoxe ningunha parcela para vender”.

O rexedor monfortino puxo en valor á nova Depuradora, “unha infraestrutura moderna, que permitirá deixar de verter ó regato do Carballo, o cal vai coller vida outra vez, porque as augas entubadas van ir ata a saída do Cabe, a través dunha tubaxe de 1,5 km”.

Ademais, outra das características na nova Depuradora, á que o Alcalde cualificou de “case de intelixencia artificial”, é que vai entrar en funcionamento segundo as necesidades, a través dun funcionamento modular, de tal xeito que non vai funcionar toda á vez, senón a medida que teña carga, aumentando así o seu funcionamento e conseguindo un aforro e optimización enerxética.

Pola súa banda, o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga salientou a importancia desta nova infraestrutura “porque con ela mellorarase bastante a calidade das augas, mellorarase o aspecto medioambiental, dado que a infraestrutura que ata hoxe funcionaba para depurar os residuos do Polígono era claramente insuficiente e estaba obsoleta”.

“Con esta nova actuación”, engadiu, “vanse dar cumpridos os parámetros de calidade das augas, vaise recuperar o regato do Carballo e en definitiva vaise permitir a ampliación de actividade no Polígono, prevista a longo e medio prazo, e deixase previsto que no futuro, se a situación o demandase, se poida facer unha nova ampliación e aumentar toda esta infraestrutura.”

O presidente da CHMS anunciou que hoxe se asinou a acta de replanteo das obras que oficialmente deron comezo hoxe, aínda que a maquinaria comezará a traballar a finais deste mes de outubro, porque agora estase facendo acopio do material necesario para o inicio das obras. A antiga depuradora será un complemento da nova EDAR, tendo que ser reseteada en función da nova infraestrutura.

ÚLTIMAS

O equipo de Goberno de Monforte anima a sumarse á campaña do 25N

Dende o Concello de Monforte impulsan un completo e variado programa de actividades co...

Outubro deixa 138 parados máis na zona centro-sur da provincia

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO valora moderadamente os datos do paro correspondentes...

José Tomé e Manuel Campo Vidal inauguran unha formación que instruirá a xente para axudar a fixar poboación no rural

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao xornalista e doutor...

“Como cambiamos? Enfermidade, sanidade e saúde en maiores”, este 8 de novembro ás 18:00h no Hospital de Monforte

Con esta sesión sobre saúde en maiores desde a perspectiva da Atención Primaria continúase...