A vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra concluíu cunha colleita de 4.881.326 quilos de uvas de excelente calidade. En verbas do presidente do Consello Regulador da D.O., Antonio Lombardía Crespo: “coido que os viños desta anada ímolos poder desfrutar durante moitos anos, a calidade coa que entraron as uvas nas adegas foi inmellorable”.
As choivas que apareceron nos derradeiros momentos da vendima ralentizou nalgúns casos o seu remate, pero, como refiren dende o Consello Regulador “o esforzo dos viticultores e adegas permitiu finalizar a recollida con calidades óptimas, e asegurando o seu potencial para a elaboración de viños de excelente calidade”.
A vendima rematou cunha colleita de 4.881.326 quilos de uvas de excelente calidade
VARIEDADES RECOLLIDAS NA VENDIMA
Variedades tintas
- Mencía: 3.662.322 quilos
- Garnacha: 109.387 quilos
- Sousón: 56.286 quiilos
- Merenzao: 48.778 quilos
- Brancellao: 48.585 quilos
- Caíño tinto: 41.299 quilos
- Tempranillo: 26.152 quilos
- Mouratón: 6.193 quilos
- Grao Negro: 1.565 quilos
Variedades brancas
- Godello: 719.757 quilos
- Albariño: 82. 369 quilos
- Treixadura: 53.756 quilos
- Dona Branca: 7.371 quilos
- Loureira: 7.308 quilos
- Blanco Legítimo: 9.062 quilos
- Torrontés: 1.136 quilos
AGRADECEMENTOS E EXPECTATIVAS
Dende o Consello Regulador consideran que a D.O. Ribeira Sacra segue consolidándose no panorama vitivinícola e agradecen o “compromiso das súas adegas e viticultores coa calidade e autenticidade dos produtos que se elaboran baixo esta Denominación”.
Antonio Lombardía: “Cremos que vai ser unha anada excepcional pola calidade da uva que entrou nas adegas“
Segundo verbas do presidente da D.O. Ribeira Sacra, “cremos que vai a ser unha anada excepcional pola calidade da uva que entrou nas adegas, motivado principalmente porque os meses de agosto e setembro polo xeral non tiveron períodos longos de altas temperaturas, refrescando significativamente pola noite, o que provocou una maduración lenta que permite uvas con un grado e unha acidez moi equilibrada. Creo que o noso forte é a singularidade da nosa viticultura das nosas variedades e dos nosos viños. O mercado demanda viños tintos frescos e afroitados e na Ribeira Sacra eses viños os temos de maneira natural”.