HomeEconomíaCase 1M€ para mellorar a eficiencia enérxética de nove concellos da provincia

Case 1M€ para mellorar a eficiencia enérxética de nove concellos da provincia

A Xunta destinará case 1 M€ (990.970 €) a colaborar con nove concellos lucenses para mellorar a eficiencia enerxética en infraestruturas vinculadas á prestación de servizos públicos municipais. No sur da provincia beneficiaranse Monforte de Lemos, Quiroga, Carballedo e o Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que acaba de resolverse unha nova orde de axudas plurianual cofinanciada con fondos Feder, que permitirá cubrir ata o 80% dos gastos nestas actuacións.

As entidades locais beneficiarias acometerán obras en locais destinados a diferentes usos. Así, Monforte de Lemos e Burela prevén actuar nas súas respectivas casas da cultura; Cervantes e Quiroga nos edificios consistoriais; Carballedo no consistorio e no multiusos; Navia de Suarna no polideportivo; O Incio nun inmoble dotacional; Portomarín na Casa do Médico e Guntín na casa cuartel.

Os fondos servirán para acondicionar envolventes térmicas, illamentos en cubertas e fachadas ou renovación de carpinterías exteriores por outras con mellores características. Tamén son subvencionables as obras para dotar de iluminación eficiente o interior dos edificios; e para instalar climatización e calefacción, que poderán incluír fontes de enerxía renovable.

O obxectivo é contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático, en liña coa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027. Búscase tamén facilitarlles aos concellos galegos o aforro enerxético e económico, así como a mellora ambiental e do confort do persoal e da cidadanía usuaria dos servizos municipais

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...