HomeEconomía1.500€ para a contración do alumnado do Obradoiro de Emprego de Monforte

1.500€ para a contración do alumnado do Obradoiro de Emprego de Monforte

O Concello de Monfote ten aberto prazo para solicitar as axudas para a contratación de alumnos e alumnas dos módulos de carpintería e de albanelaría do Obradoiro dual de Emprego “Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguela”, logo de que este luns saíra publicada a convocatoria das mesmas no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todas as empresas interesadas en solicitar estas axudas terán ata o 20 de novembro para formalizar as súas solicitudes. Trátase de axudas de 1.500 euros destinadas a fomentar a contratación por parte de empresas de  alumnos e alumnas dos módulos de carpintaría e de albanelaría, que participaron no Obradoiro Dual de Emprego “Rehabilitación Naves Escola Obradoiro A Pinguelado Concello de Monforte, e que rematarán a súa formación o vindeiro 21 de novembro de 2024.

Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos/as alumnos/as e os contratos deberán ser de alomenos 3meses a xornada completa. Os contratos subvencionados deberán comezar con carácter xeral nos quince días seguintes á finalización do Obradoiro Dual de Emprego.

O alcalde asegura que, “dende o Equipo de Goberno do Concello, dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral dos alumnos que veñen de formarse no Obradoiro de Emprego da Pinguela, onde os alumnos recibiron unha interesante formación durante doce meses en dúas especialidades, carpintaría e albanelaría.”

A estas axudas poderán optar entidades, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...