HomeEconomía30.000€ en axudas para fomentar a creación de empresas en Monforte

30.000€ en axudas para fomentar a creación de empresas en Monforte

O Concello de Monforte convoca o Programa de Fomento da iniciativa empresarial no Concello coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego. O prazo para solicitar as subvencións estará aberto ata o 29 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estas axudas poderán acollerse os empresarios individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME) que comezaran a súa actividade entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024. Entenderase como inicio de actividade a alta no IAE.

A contía prevista para estas subvencións ascende a 30.000 euros, e o importe máximo de cada axuda será de 1.500 euros, non podendo superar o 50% dos gastos efectuados no período indicado. Cómpre destacar que esta cantidade poderá incrementarse nun 25% no caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade.

Para poder solicitar estas subvencións, entre outros aspectos, os solicitantes deberán ter o seu enderezo fiscal e social en Monforte, a actividade empresarial ten que ser de nova creación, as persoas promotoras deben estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial e crear, polo menos, o seu propio posto de traballo. Por outra parte, os autónomos poderán ser beneficiarios das axudas cando formen parte dunha comunidade de bens, Sociedades Civís ou constitúan unha Sociedade Mercantil.

As solicitudes poderán presentarse, mediante modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica municipal ou por calquera outro medio previsto pola Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dirixiranse á Concellería de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade do Concello de Monforte de Lemos.

Os gastos subvencionables por este Programa son:

  • Gastos de constitución: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa: Visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos; alta no Rexistro Mercantil.
  • Existencias iniciais de mercadorías: serán subvencionables o 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción.
  • Gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: serán subvencionables o 50% dos  gastos de aluguer sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa.
  • Primas de seguros: serán subvencionables o 50% dos gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade da sociedade (seguro do local, de responsabilidade civil e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade).
  • Subministracións e gastos correntes: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial: Auga, teléfono, electricidade, gasóleo/gasolina, material de oficina, asesoría (só cotas mensuais), gas, equipos de seguridade nas súas instalacións (só cotas mensuais).

ÚLTIMAS

Este 20 de xullo comeza o Ciclo Mestre Mateo na Pobra do Brollón con 10 proxeccións ata outubro

O Ciclo Mestre Mateo volve este 2025 á Pobra do Brollón grazas á Academia...

O PP de Monforte pedirá no pleno instar ao Ministerio de Transporte a mellorar as frecuencias ferroviarias da cidade e rematar as obras da...

A voceira popular, Katy Varela, destaca que “non se trata de cores políticas, senón...

Os socialistas de Triacastela acusan ao goberno local da marcha da maior empresa local

Metal Power é unha empresa familiar que conta con preto de vinte traballadores, sendo...

Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, anuncia que ten cancro de pel e delega temporalmente no seu número dous

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, anunciou que padece cancro de pel...