HomesociedadeA Deputación aproba o proxecto para acondicionar un novo tramo da LU-P-1301...

A Deputación aproba o proxecto para acondicionar un novo tramo da LU-P-1301 entre Seoane do Courel e Pedrafita do Cebreiro

A Xunta de Goberno tamén aprobou convenios con Láncara para a mellora de vías, adquisición de equipamento e a construción de novas instalacións deportivas e con Quiroga para axudar a divulgar o patrimonio xeolóxico do Courel

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno deste xoves aprobou o proxecto para acondicionar un novo tramo da estrada LU-P-1301, que conecta Seoane do Courel e Pedrafita do Cebreiro. Esta actuación afectará ao tramo que vai desde o punto quilométrico 6,868 e o 7,350 e contará cun investimento da Deputación de preto de 400.000€. As obras consistirán en dar continuidade á mellora do trazado, ampliando o ancho da vía como fixo xa a institución provincial entre os quilómetros o 7,350 e o 12,591.

“Así, continuamos dando os pasos necesarios para rematar de arranxar os 6 quilómetros que quedaban pendentes para a rehabilitación completa desta estrada” explica Rivera Capón. Nos últimos anos, a institución provincial destinou máis de 1M€ para a mellora desta estrada.

Por outra banda a institución provincial aprobou 110.000€ para o Concello de Láncara, que terán como fin realizar melloras en varias estradas municipais e adquirir un vehículo tipo SUV. O Concello lancarés completará o investimento con máis de 32.000€ para chegar a un orzamento conxunto que superará os 142.000€.

Concretamente, este investimento irá destinado ao acondicionamento de camiños municipais que dan acceso a lugares de montaña como Esfarrapa, Casablanca, O Furco e A Cortella, na parroquia de Santiago de Cedrón; e camiños de acceso a Bustelo, na parroquia de Vilouzán. Unhas actuacións que contemplan melloras do firme, que inclúen tarefas de limpeza e asfaltado. Tamén se adquirirá, con cargo a esta achega, un vehículo tipo SUV co obxectivo de reforzar servizos básicos e modernizar o parque móbil municipal.

En Quiroga, a institución provincial achega 20.000€ á Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel para o XXII Simposio sobre Ensinanza da Xeoloxía, celebrado este verán no Xeoparque. Un evento reuniu a 175 profesores de toda España.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...