HomeEconomíaAta o 31 de decembro pódense solicitar as axudas á natalidade que...

Ata o 31 de decembro pódense solicitar as axudas á natalidade que concede o Concello de Chantada

No ánimo de contribuír a fixar poboación no municipio, o Concello de Chantada desenvolve mecanismos que favorecen o nacemento e crianza de nenas e nenos. Este ano, por primeira vez, o equipo de goberno aprobou unha liña de axudas á natalidade. Destínanse 60.000€ para a concesión destas axudas. Trátase de aportacións de 800 euros por neno/a nacido/a ou adoptado/a, entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Poden beneficarse destas axudas os pais e nais empadroados no Concello de Chantada, que teñan ou adopten un fillo/a no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Os pais, ou polo menos un de eles, deberán estar en situación regular en España e estar empadroados/as no Concello de Chantada cunha antelación mínima de 1 ano á data de parto ou adopción.
  • Os nenos/as nacidos/as ou adoptados/as deberán estar empadroados no Concell de Chantada.
  • Os solicitantes ou solicitante da axuda deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello de Chantada, el/ela e os nenos/as, por un período de catro anos desde o nacemento ou adopción.          

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, asegura que o municipio é privilexiado para as familias con fillos e fillas, “Ademais da nosa contorna natural, contamos con servizos que favorecen a conciliación como o de madrugadores, as escolas deportivas ou a piscina municipal,… Con estas novas subvencións queremos axudar ás familias cos gastos no momento do nacemento e así favorecer o asentamento de poboación en Chantada”.

O prazo de presentación de solicitudes será de 4 meses dende o nacemento ou adopción. As solicitudes presentaranse no rexistro Xeral do Concello de Chantada, aportando a seguinte documentación:

  • Libro de Familia e DNI ou NIE do/a solicitante, e tratándose de estranxeiros
  • Documento que acredite a residencia legal en España.
  • Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil ou copia do auto xudicial de adopción, no seu caso.
  • Certificación de titularidade do número de conta bancaria no que se recibirá a axuda.
  • Declaración xurada de axudas recibidas ou solicitadas para a mesma finalidade. (ANEXO II)
  • Compromiso de seguir empadroado no Concello de Chantada por un período mínimo de catro anos (ANEXO I)
  • Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario.
  • Declaración xurada de estar o corrente coas obrigas tributarias da AEAT E ATRIGA e da Seguridade Social (ANEXO II)

O procedemento de concesión de estas subvencións será o de convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para a resolución do procedemento será de 3 meses dende a presentación da solicitude. A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade que poda obterse de outros organismos.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...