O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, avanzou o 3 de decembro no Pazo de San Marcos a posta en marcha do primeiro paquete de actuacións que se acometerán na rede viaria provincial con cargo ao investimento previsto para mobilidade nos Orzamentos 2025. En palabras do mandatario provincial, “máis de 12 millóns de euros irán destinados a mellorar máis de 280 quilómetros da rede de estradas provinciais en todo o territorio, de norte a sur e de leste a oeste”.
“Un ambicioso plan de obras que supón o maior investimento realizado ata o momento na rede viaria provincial”, valorou Tomé Roca, asegurando que o obxectivo principal é reforzar a seguridade, a comodidade dos desprazamentos e as oportunidades de desenvolvemento económico en todas as comarcas.
En relación aos máis de 80 proxectos, e referíndose ás diferentes cores dos gobernos dos concellos beneficiados, Tomé Roca subliñou que “non se miran cores políticas nin intereses persoais” e deu datos que o poñen de manifesto pois “o 60% do investimento previsto será en concellos gobernados polo PP, e o 40% en concellos gobernados polo Partido Socialista e polo BNG”.
No que respecta ás actuacións a realizar, estas serán moi diversas pero que na maioría dos casos terán que ver coa renovación do firme. Aínda así, tamén se mellorará a seguridade viaria con pintados, desbroces e renovación de sinalización.
PROXECTOS PARA O SUR DE LUGO
Bóveda: LUP0910 LUP0907-Vilarbuxán-Mosteiro Vello. 120.497,52 €; tamén a LUP0903 Bóveda-A Raíña. 143.592,45 €.
Carballedo: LUP1005. Trasar-Rañadoiro-Límite provincial. 66.411,60 €.
Chantada: Catro proxectos. LUP1814 Santa Mariña-Requeixo. LUP1002 A Barrela-Esmoriz-A Tilleira. LUP1805 Seixo-Mato-Esmoriz. LUP1803 Peares-Carballedo 150.000,00 €.
Láncara: LUP2704 Veiga de Anzuelos-Trasliste-Bande 31.990,57 €. Tamén a LUP2703 Pobra de San Xiao-Carracedo 40.000,00 €.
Pantón: LUP4104 Seguín-Pombeiro-Os Peares 108.652,43 €. Tamén a LUP4106 Carmen -Curro 77.471,59 € e LUP4107 Cima de atan-Marce 99.819,74 €.
Paradela; Varias actuacións 180.000,00 €.
Portomarín: LUP4902 Alto de Valiño-Valdeporrás 300.000,00 €. Tamén a LUP4901 Camporredondo-Nespereira-Castromaior 63.944,58 €.
Sarria: LUP5712 LU-633-Barbadelo 84.623,96 €.
Triacastela: Varias actuaciones (seguridad vial) 150.000,00 €.
Taboada: LUP4905 Portomarín-Taboada 61.381,86 €. Tamén a LUP6003 Couto-Viloíde 58.842,72 €.
Sober: LUP5905 Canabal-Penacarreira 30.261,49 €.
O Saviñao: LUP4102 Ferreira-Currelos 100.618,56 €. Tamén a LUP5806 Freán -Diomondi-LU-533 115.378,76 €
Monforte de Lemos: LUP3201 Monforte-Sober 171.051,55 €.