HomeEconomíaA Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do...

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do matadoiro de Sarria

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro celebrou “que a iniciativa e o impulso desde a Deputación de Lugo sirva para dar continuidade e estabilidade ao matadoiro municipal de Sarria, que estaba en entredito”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a continuidade do matadoiro de Sarria como servizo público, tal como comprometera na reunión mantida con alcaldesas e alcaldes da comarca.

A área de Rural ratificou ao Concello de Sarria a disposición a poñer en marcha os trámites para formalizar un convenio de colaboración institucional que canalice a axuda, con cargo ao orzamento de 2025.

A comunicación formal, remitida este martes ao Concello de Sarria, responde ao escrito presentado pola administración municipal, solicitando a tramitación do convenio “coa finalidade de garantir que os servizos públicos do matadoiro se presten a través dunha xestión pública”.

Castro incidiu na importancia “de manter o seu funcionamento público, garantindo prezos estables e ponderados para ganderías, carnizarías e veciñas e veciños de toda a comarca que utilizan este servizo”.

Efrén Castro ofrecera a colaboración da entidade provincial para o mantemento do matadoiro nunha reunión que mantivo o pasado 20 de novembro con alcaldesas e alcaldes da comarca de Sarria no Pazo de San Marcos, ligando o apoio económico ao funcionamento público do servizo.

ÚLTIMAS

Prodeme e CAPD de Sarria na 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics Galicia

A 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual organizados...

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...