HomeEconomíaArias destaca en Monforte os investimentos da Xunta no sur de Lugo

Arias destaca en Monforte os investimentos da Xunta no sur de Lugo

Monforte de Lemos acolleu este luns a reunión da Comisión Territorial de Coordinación, que integran os directores territoriais dos distintos departamentos autonómicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre outros asuntos, Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, fixo referencia á “forte aposta” polo Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, con máis de 2 millóns de euros destinados este ano ás obras do novo laboratorio de Microbioloxía e da área de Cardioloxía e á licitación do contrato para implantar a área de Pneumoloxía e Dixestivo. Aos que se suman os avances no Plan Director, cun orzamento de 1,4 millóns de euros asignado para o vindeiro ano.

O delegado referiuse tamén ao impulso que supón a recente declaración como área Rexurbe -a oitava de Galicia- do conxunto histórico artístico desta localidade e da súa contorna.

No eido das infraestruturas, lembrou que vén de rematar a intervención na estrada LU-933 en Monforte, no tramo coincidente coa rúa Chantada e a Avenida Galicia. O Goberno galego investiu uns 52.000 euros nesta actuación co fin de mellorar a seguridade viaria e a comodidade de rodadura dos usuarios desta vía.

Comisión Territorial / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...