HomeEconomíaClausúrase en Chantada o obradoiro Serra do Faro VIII e bota andar...

Clausúrase en Chantada o obradoiro Serra do Faro VIII e bota andar a IX edición

Este luns clausurouse en Chantada o obradoiro dual de emprego Serra do Faro VIII, promovido polo Concello de Chantada asociado cos concello de Carballedo e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coincidindo coa clausura, inaugurábase a IX edición que toma o relevo do anterior, tamén financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que inviste algo máis dun millón de euros en ambas iniciativas.

Deste doble acto que tivo lugar no salón de plenos da Casa da Cultura, participaron o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, a directora provincial de Emprego, Carmen José López,  o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, o de Carballedo, Julio Yebra, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira e Diego Otero como concelleiro de Obradoiros de Chantada, ademais das 40 persoas participantes nos dous obradoiros.

Estas persoas reciben formación durante 12 meses nos módulos de Xardinaría, Albanelaría e Atención Sociosanitaria, que presentan unha elevada demanda no mercado laboral. De feito as persoas do módulo de Atención Sanitaria xa atoparon traballo na Residencia de Carballedo. Este módulo inclúe formacións e actividades prácticas que tamén se desenvolven no Fogar Residencial e Centro de Día da Barrela, porque o módulo céntrase na atención a persoas dependentes.

Os outros módulos centraron a actividade no Parque Eloísa Rivadulla co acondicionamento dos baños públicos e a creación dunha zona pavimentada no Parque, ademais do seu axardinamento, a creación dunha pequena zona verde na Avda, de Lugo e o mantemento doutros espazos verdes da vila.

Nesta nova edición os módulos de Xardinaría e Albanelaría executarán unha zona de plataforma única no parque Eloísa Rivadulla e acondicionarán miradoiros no paseo fluvial. Realizaranse tamén traballos de conservación de xardíns e zonas verdes e creación de novos espazos destas características no municipio.

“Desde o Concello de Chantada apostamos pola creación e búsqueda de emprego, ofrecendo novas oportunidades formativas e laborais para as persoas desempregadas. Por iso, ademais de promover estes obradoiros tamén contamos co Programa Integral de Emprego do que tamén vén de comezar unha nova edición”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación e posta en valor da muralla medieval

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para a rehabilitación e posta...

Monforte repartirá 3.200€ en premios coa XXI Feira Medieval

A convocatoria destes concursos relacionados coa 21ª edición da Feira Medieval que se celebrará...

O BNG urxe axilizar as obras de reparación e mellora da N-120

O BNG ten denunciado, a través de distintas iniciativas parlamentares, o mal estado xeral...

O PP de Monforte leva ao pleno unha iniciativa para esixir ao Goberno do Estado un novo Plan Director do Corredor Atlántico

O PP de Monforte defenderá no pleno de marzo unha iniciativa para esixir ao...