HomeEconomíaPedro Blanco anima en Ribas de Sil a que os concellos soliciten...

Pedro Blanco anima en Ribas de Sil a que os concellos soliciten as axudas do IDAE para renovar o alumeado público

O Concello de Ribas de Sil beneficiouse dunha axuda de máis de 207.000 euros que lle permitiu substituír o alumeado público do municipio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, animou ás entidades locais de Galicia a solicitar as axudas do Goberno da segunda convocatoria para a mellora da eficiencia do alumeado público, dotada con 155 millóns de euros. Fíxoo durante unha visita ao Concello de Ribas de Sil na que estivo acompañado polo seu alcalde, Roberto Castro, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e na que sinalou que estas axudas “non só permiten avanzar na transformación das nosas vilas en lugares máis sostibles, senón que o aforro que se consegue redunda nunha mellora dos servizos que se prestan á cidadanía”.

O delegado, salientou a aposta do Goberno por esa transición verde, e destacou que os concellos “contan co Goberno como aliado neste camiño, como demostran os máis de 170 millóns de euros mobilizados desde 2018 polo Ministerio para a Transición Ecolóxica en Galicia a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) e que permitiron, por exemplo, mudar o alumeado público de Ribas de Sil por outro máis eficiente, cun investimento de 207.270,09 euros. “Son cartos que posibilitan actuacións que doutra forma os concellos non poderían acometer en solitario e que melloran a vida das persoas que neles habitan”, incidiu o delegado.

A segunda convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de iluminación exterior municipal que vén de sacar o IDAE está dirixida a concellos, deputacións provinciais, mancomunidades, agrupacións locais ou outras entidades públicas que xestionen este servizo público.

O programa, que xa deixou máis de 8,5 millóns de euros en axudas en Galicia na súa primeira edición, consiste nunha liña de préstamos sen interese nin comisións de ata 10 millóns de euros por beneficiario que se poden solicitar ata o 20 de marzo de 2025. Servirán para financiar a substitución dos equipos de iluminación por luminarias de maior rendemento, por fontes de luz de maior eficiencia e/ou por equipos electrónicos de regulación e control co obxectivo de reducir o consumo enerxético e reducir a contaminación lumínica.

Na súa estadía en Ribas de Sil, o delegado felicitou a Roberto Castro pola súa recente designación e brindoulle a colaboración do Goberno para levar a cabo os proxectos do Concello.

Delegado do Goberno visita Ribas de Sil / Delegación do Goberno

ÚLTIMAS

1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O Concello da Pobra do Brollón únese a outros concellos da contorna convocando un...

Os días 29 e 30 de marzo celébrase a Mostra do Aceite de Quiroga que abrirá cun congreso

Dous días, 29 e 30 de marzo, son as datas fixadas para esta celebración...

“Palabra e Memoria” a exposión na igrexa nova de Chantada ata o 28 de febreiro

A igrexa nova de Chantada, parroquia de Santa Mariña, acolle ata o 28 de...

‘As gardiás’, da compañía Ningures Produción, primeira función da tempada teatral 2025 en Monforte

Comeza a tempada 2025 de programación teatral no Concello de Monforte. No primeiro semestre...