HomeEconomíaA Xunta e a Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra avalían vías...

A Xunta e a Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra avalían vías de colaboración

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario da agrupación de empresas Ribeira Sacra Next, Severino Rodríguez, para avaliar vías de cooperación no marco do plan estratéxico da entidade empresarial, presentado o pasado mes de febreiro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias gabou esta iniciativa “que nace do tecido produtivo local en base ás necesidades e posibilidades da Ribeira Sacra”, e sinalou que “compartirmos o obxectivo común de incentivar o desenvolvemento económico e demográfico deste territorio”.

O delegado instou a manter aberto o diálogo “para optimizar os recursos que ofrece a Xunta, tanto subvencións como programas de asesoramento e acompañamento que facilitan o emprendemento e a expansión empresarial”.

Nesta liña, lembrou que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) activou axudas por valor de 172 millóns de euros para promover a innovación, a dixitalización e a internacionalización das empresas, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convocou tamén máis de 40 millóns de euros en axudas específicas para os autónomos.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...