HomeEconomíaFeira de Oportunidades en San Clodio

Feira de Oportunidades en San Clodio

Será os días 22 e 23 de marzo e organizada polo Concello de Ribas de Sil en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta fin de semana o Concello de Ribas de Sil organiza unha Feira de Oportunidades que se desenvolverá no Pavillón Municipal da capitalidade, San Clodio.

En colaboración coa asociación de comerciantes da comarca, Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, o evento acollerá establecementos comercias do mundo téxtil e da moda, da artesanía, do fogar, da alimentación, da papelería e do libro, electrónica… así como actividades para dinamizar o encontro e atraer ás familias. Nese caso, haberá hinchables (sábado de 16:30 a 19:30 h. e domingo de 10:30 a 19:30 h.), obradoiro de monicreques, pintacaras e contacontos musical.

Feira de Oportunidades (arquivo Asoc. Empresarios e Comerciantes Xeoparque do Courel).

O domingo 23 haberá 2 actividades ben interesantes. Pola mañá, ás 13:00 h. están programadas unhas “Mesas Exóticas” nas que o froiteiro Julio Ferrín presentará diferentes produtos doutros lugares do mundo. E pola tarde, ás 17:00 h., a escritora e poeta Yolanda Álvarez Castro presentará o seu libro “Zapato e Bota” dun xeito moi especial, contado e musicado.

Tanto o día 22 como o 23 de marzo o horario da feira será de 10:30 h. a 20:00 h. con entrada libre e co atractivo dun sorteo de 2 cestas de produtos entre aqueles e aquelas que depositaran xustificantes de compra nunha urna. Rematando cada xornada farase o sorteo das devanditas cestas (unha o sábado e outra o domingo).

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...