HomeEconomía1,3 millóns de euros para reforzar a calidade da subministración eléctrica na...

1,3 millóns de euros para reforzar a calidade da subministración eléctrica na Comarca de Chantada

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, levou a cabo varias actuacións para optimizar a calidade e fiabilidade da subministración eléctrica. As obras realizadas benefician aos veciños dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No municipio de Chantada, UFD executou a ampliación de capacidade e optimización da fiabilidade da subministración na zona do Poboado de Belesar coa instalación dun novo centro de transformación de 160 kVA e 1.138 metros de condutor de baixa tensión subterráneo, cun investimento de 200.000 euros. Así mesmo, en Serra do Faro-Chantada optimizouse a fiabilidade da subministración coa instalación dun novo transformador de 250 kVA. Tamén se reforzou a rede en Mosteiro e Axulfe coa instalación de novos transformadores de 50 kVA.

No Concello de Carballedo, a distribuidora levou a cabo unha actuación crave na liña de alta tensión San Cibrao-Peares, coa instalación de 20 novos apoios para reforzar e adecuar a infraestrutura, cun investimento de 860.000 euros. Ademais, ampliouse a capacidade da subministración en Vilar de Mulleres coa instalación dun novo transformador de 100 kVA.

Pola súa banda, no municipio de Taboada, UFD mellorou a calidade da subministración na zona de Sobrecedo de Arriba coa instalación dunha nova liña de media tensión de 372 metros de liña aérea e 510 metros de liña subterránea de media tensión, xunto cun novo centro de transformación de 100 kVA e 345 metros de condutor de baixa tensión. Ademais, optimizouse a fiabilidade da subministración en Nogueira e O Curro coa instalación de novos transformadores de 50 kVA.

O delegado de UFD na provincia de Lugo, Jorge Mato, destacou que “estes envestimentos reflicten o compromiso de UFD co reforzo e modernización das infraestruturas eléctricas na Comarca de Chantada, co obxectivo de ofrecer unha subministración máis segura e máis eficiente, que contribua á mellora da calidade de vida e ao desenvolvemento económico das zonas rurais”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...