HomeEconomíaA D.O. Ribeira sacra presente en FENAVIN

A D.O. Ribeira sacra presente en FENAVIN

Faino en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e estará presente no Túnel do Viño de Galicia con 24 referencias. O evento celébrase do 6 ao 8 de maio en Ciudad Real.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará en FENAVIN, a Feira Nacional do Viño, que se celebrará do 6 ao 8 de maio de 2025 no Pazo de Feiras IFEDI de Ciudad Real.

Chega a terras manchegas da man da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), estará presente no Túnel do Viño de Galicia e presentaranse 24 referencias do territorio protexido, incluíndo 6 viños brancos e 18 tintos elaborados por 10 adegas diferentes.

Ademais desta participación institucional, sete adegas da D.O. Ribeira Sacra contarán con stand propio na feira: Ronsel do Sil S.L., Pazo de La Cuesta SLU, Dominio do Bibei S.L.U., Adega Vella Xeracións S.L., Adega Saíñas C.B., Ponte da Boga, e Rectoral de Amandi.

“A presenza da D.O. Ribeira Sacra neste evento responde ao compromiso do Consello Regulador e das súas adegas por reforzar o seu posicionamento nos mercados nacionais e internacionais, salientando a singularidade dos seus viños e a riqueza vitivinícola do territorio”, comentan dende o Consello Regulador.

Túnel do Viño. Foto cedida polo CRDO RS.
FENAVIN

FENAVIN, organizada pola Deputación Provincial de Ciudad Real, está considerada a feira de referencia do viño español. Na edición deste 2025 contará coa participación de máis de 2.000 adegas e cooperativas, e agárdase a asistencia de preto de 15.000 compradores nacionais e 4.000 internacionais.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...