HomeEconomíaContratación de traballos de mellora da rede viaria en concellos do sur...

Contratación de traballos de mellora da rede viaria en concellos do sur de Lugo

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada o pasado venres avanzou na contratación de diferentes traballos de mellora da rede viaria provincial por case 1M €. No sur de Lugo os concellos beneficiados son: O Saviñao, Pantón, Sarria e Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un investimento de máis de 200.000 € para a mellora de 4 estradas ao seu paso polos concellos de Sarria, Pantón, Monforte de Lemos e O Saviñao. Por unha banda, sacou adiante a licitación dun proxecto para a rehabilitación do firme da LU-P-5712, que é a vía que une en Sarria Barbadelo e Vilei. Os traballos terán un orzamento de 85.779,71 €, un prazo de execución de dous meses e afectarán á totalidade da vía. As obras consistirán na reapertura de cunetas, afirmado co estendido aglomerado en quente, pintado da vía e reposición da sinalización vertical.

A Xunta de Goberno tamén licitou un proxecto para a rehabilitación do firme de diferentes tramos de tres estradas provinciais na confluencia dos concellos do Saviñao e Pantón cun orzamento de 118.891,78€. Concretamente:

-A mellora de preto dun quilómetro da LU-P-4102, que é a que vai de Ferreira a Currelos desde a Nacional 120 á autonómica LU-611, á altura de Escairón. E nesa mesma vía reporase a sinalización desde o límite intermunicipal e a altura da Páxara, no cruce co corredor.

-Rehabilitarase tamén por tramos a LU-P-3202, de Monforte a Currelos e a LU-P-3208 de Seoane a Pol por Cinsa, en Monforte. As obras consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e pintado das vías, e terán un prazo de execución de tres meses.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...