HomeEconomía1,32M para a conservación de 810 hectáreas de viñedo na DO Ribeira...

1,32M para a conservación de 810 hectáreas de viñedo na DO Ribeira Sacra

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución das axudas destinadas á conservación da contorna paisaxística e á loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cun investimento de 1,32 millóns de euros procedentes de fondos propios, estas achegas contan con 794 expedientes aprobados e permitirán actuar sobre 810 hectáreas dentro da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra. Estas axudas forman parte dun conxunto de medidas de apoio aos viticultores da zona, afectados polos excedentes de viño tinto.

As achegas están dirixidas ás persoas inscritas no Consello Regulador da DO Ribeira Sacra e contemplan unha contía máxima de 2.000 euros por hectárea para os sistemas de cultivo tipo 1 —viñedo en socalco de pedra e traballo non mecanizado— e de 1.000 euros para o tipo 2 —cultivo sen socalcos ou con traballo mecanizado—.

En total, subvenciónanse 7.066 parcelas situadas en 16 dos 20 concellos da zona produtiva, destacando os municipios lucenses de Sober, Quiroga e Pantón, que concentran a metade da superficie apoiada, con 404 hectáreas e 3.537 parcelas.

Ademais desta medida, a Consellería do Medio Rural contempla outras accións para apoiar á Ribeira Sacra, como son a destilación de crise, a formación sobre o ecorrexime da PAC e tamén campañas de promoción e apoio á recollida da uva.

O cultivo característico da Ribeira Sacra é en socalcos, que ademais de ser eficiente, contribúe a preservar a identidade agraria, previr a erosión e manter a singularidade paisaxística. O sector vitivinícola, clave na economía local, tamén impulsa o turismo, especialmente no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...