HomeEconomíaA Xunta recibe 600 solicitudes de proxectos de desenvolvemento rural para o...

A Xunta recibe 600 solicitudes de proxectos de desenvolvemento rural para o plan Leader

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este martes a Clínica Santo Tomé de Taboada, beneficiaria das axudas da intervención Leader, onde puxo en valor os datos acadados pola convocatoria de 2025 das achegas para a execución de operación en apoio a terceiras persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

María José Gómez salientou que se recibiron preto de 600 solicitudes para a posta en marcha de diferentes proxectos de desenvolvemento rural no marco desta convocatoria, incluída no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) e dotada cun orzamento de 12,6 millóns de euros.

Estas achegas son xestionadas polos grupos de desenvolvemento rural (GDR) e con elas financiaranse iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e de proxectos non produtivos que beneficien ao conxunto da poboación en xeral.

A conselleira do Medio Rural destacou que esta liña de axudas contribúe á posta en marcha de proxectos como o da Clínica Santo Tomé, que grazas a esta medida de apoio, contou cunha aportación de preto de 114.000 euros a través do GDR Miño Ulla para a súa instalación e apertura.

Estas instalacións reúnen a profesionais de distintas disciplinas sanitarias co obxectivo de ofertar unha sanidade de calidade na zona de Taboada, empregando a última tecnoloxía no ámbito sanitario.

Como novidade neste período da intervención, esta convocatoria inclúe o Bono Activa Rural. Neste sentido, a conselleira sinalou que se recibiron unha trintena de solicitudes desta subvención, baseada nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas, cunha aportación máxima de ata 18.000 euros. Esta axuda non está vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se relacionará co mantemento da actividade e co cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante, polo menos, cinco anos.

Neste novo período Pepac, a intervención Leader está dotada con 56,9 millóns de euros ata o ano 2027. Deste orzamento, 17,6 millóns foron destinados para sufragar os gastos de funcionamento dos GDR e os 39,6 millóns restantes teñen como fin financiar as operacións a terceiros.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...