HomeEconomíaA Gandaría Puluan en Monforte recibe a visita da Conselleira do Medio...

A Gandaría Puluan en Monforte recibe a visita da Conselleira do Medio Rural

Esta semana a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou a Gandaría Puluán, onde puxo en valor as axudas da Xunta de Galicia destinadas a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas, cun orzamento de 2,1 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Gandaría Puluan é unha das 56 empresas beneficiarias desta última convocatoria, dirixida a pequenas empresas e persoas físicas do rural galego. No seu caso, o apoio permitirá mellorar a planta de procesamento lácteo mediante a incorporación de novos equipamentos e dotación doutros destinados para o espazo dedicado á promoción. No conxunto da convocatoria, 20 proxectos céntranse na transformación agroalimentaria e contribuirán á consolidación de 552 empregos e á creación de 56 novos postos de traballo.

Gómez destacou que esta explotación, cun censo de 269 animais, é un exemplo de innovación no sector primario galego, ao combinar a produción e transformación do leite, unha práctica que engade valor ao produto e mellora a competitividade do sector. Neste eido, a conselleira lembrou que Galicia xa transforma máis do 70% do leite que produce, achegándose ao obxectivo marcado na Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo.

A titular de Medio Rural destacou que un dos aspectos máis distintivos da explotación é a elaboración dun queixo macerado con viño Mencía da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o que representa unha maridaxe única e un claro exemplo de vinculación co territorio.

A Gandaría Puluan viuse beneficiada tamén dos fondos Leader a través da posta en marcha de tres proxectos diferenciados. O máis recente, vinculado á convocatoria de 2024, centrouse na adaptación da explotación, da nave de produción de lácteos e da súa contorna, co obxectivo de facilitar a realización de visitas guiadas, actividades de divulgación, promoción e turismo, cunha achega de 70.151 euros.

Tamén contou co financiamento desta intervención Leader para adquirir un vehículo de transporte comercial dotado de caixa isoterma, que permite a comercialización directa de leite fresco pasteurizado, así como para potenciar o uso de enerxías renovables mediante a incorporación dun robot arrimador de comida fotovoltaico automático e a instalación dun sistema de xeración de enerxía solar fotovoltaica para o seu funcionamento.

Ademais, Gandaría Puluan foi beneficiaria doutras achegas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, para a renovación de maquinaria agrícola ou da Política Agraria Común, entre outras.

ÚLTIMAS

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...