HomeEconomíaAberto ata o 31 de outubro o prazo para solicitar as axudas...

Aberto ata o 31 de outubro o prazo para solicitar as axudas ás festas de barrios e parroquias de Monforte

Neste ano 2025 destínanse 25.000€ para este fin, coa intención de potenciar a celebración das festas de barrios e parroquias de Monforte, co obxectivo de manter vivas as tradicións

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado ano, 2024, dende o  Equipo de Goberno, púxose en marcha unha iniciativa que consistía en que todas as entidades e asociacións solicitantes, recibiran un importe de 1.000 euros por anualidade, incrementándose nun 100% as axudas que se destinaban ás parroquias para a organización das súas festas. Este incremento manterase neste ano e polo tanto, todas as parroquias que o soliciten percibirán a cantidade de 1.000 euros por anualidade para a organizacións das súas festas.

Entre outros requisitos, será imprescindible ter autorización concedida polo Concello de Monforte para a celebración da festa para a que se solicite a axuda, tal e como obriga a Lei de Espectáculos de Galicia.

Requisitos para ser beneficiarios das axudas

Poderán solicitar estas subvencións todas as parroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e sempre que xustifiquen:

  1. Carácter tradicional dos actos para os que solicita a axuda.
  2. Non ser debedor do Concello por calquera tipo de débeda de dereito público.
  3. Non ser debedor coa facenda pública e coa Seguridade Social.
  4. Declaración responsable na que consten as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicarlle ao  Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados.
  5. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario das subvencións previstas no art. 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  6. Ter autorización concedida polo Concello de Monforte para a celebración da festa.  Os servizos administrativos da Concellaría de Cultura comprobarán, de oficio, esta circunstancia.

Estas subvencións están suxeitas a IRPF se quen a solicita é unha persoa física, segundo o Artigo 33 da LIRPF, como ganancia patrimonial. Os beneficiarios poderán solicitar certificación da finalidade da axuda recibida ós efectos de comunicalo á Facenda Estatal.

Solicitude e documentación a achegar

Co modelo de solicitude oficial, deberá achegarse a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do CIF no caso de persoas xurídicas e do NIF no caso de persoas físicas. No caso de que se trate dunha agrupación de persoas ou comisión de festas deberán facer constar o nome de todos os membros e acompañarán o DNI de cada un deles. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
  2. Memoria explicativa detallada do programa de actividades realizado ou que se pretende realizar, con especificación da data, lugar de realización, responsables do desenvolvemento da actividade, obxectivo e fins concretos a que se destinarán os fondos.
  3. Datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria.
  4. Declaración responsable da entidade ou agrupación solicitante no que consten as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicarlle ó Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados.
  5. Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.
  6. Declaración responsable de non ser debedor á Facenda Estatal e Autonómica, nin á Seguridade Social.
  7. Calquera outro documento que  se considere de interese para a mellor avaliación da subvención.

A instancia coa restante documentación solicitando a subvención, poderá presentarse no Rexistro Xeral do Concello, así como por Sede Electrónica.

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...

Tres persoas para 180 maiores: o BNG denuncia situación “inhumana” na residencia DomusVi de Monforte

O BNG denunciou este xoves no Parlamento a situación "insostible" e "inhumana" que viven...

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...