HomeEconomía1,3 M€ para beneficiar a case 800 viticultores da DO Ribeira Sacra

1,3 M€ para beneficiar a case 800 viticultores da DO Ribeira Sacra

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou esta semana Sober para poñer en valor as axudas destinadas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, ás que se destinaron máis de 1,3 millóns de euros para beneficiar a case 800 viticultores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A titular de Medio Rural salientou que, a través destas achegas, búscase favorecer unha actividade senlleira na zona, que contribúe á conservación da paisaxe e a cal ten tamén a súa repercusión social e turística. Neste sentido, reafirmou a importancia do mantemento desta paisaxe singular para conseguir que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Por iso, estas axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural serviron para subvencionar o cultivo de vide en socalco de pedra, onde o traballo se realiza de forma mecanizada, cunha superficie beneficiaria de 520 hectáreas; e para o cultivo de vide sen socalcos ou mediante traballo mecanizado, con 291 hectáreas con achega aprobada.

A maiores, María José Gómez salientou que se concederon achegas para parcelas localizadas en 16 concellos dos 20 totais que forman parte da DO. Nesta liña, resaltou que o concello de Sober é o máis beneficiado con 170 hectáreas aprobadas.

Estas axudas forman parte dun paquete de medidas que inclúe outras accións como as axudas para a destilación de crise, unha maior divulgación e formación sobre as oportunidades do ecorrexime da PAC de cultivos leñosos en terreos con pendentes,  ampliación de campañas de promoción e as subvencións para facilitar a recollida de uva.

A conselleira puxo en valor outros apoios deste ano destinados ao sector vitícola en xeral como son os 4 millóns de euros para a reestruturación e reconversión de viñedo, os 4,5 millóns para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e os 1,7 millóns para a promoción do viño galego en mercados de terceiros países.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...