HomeEconomíaQueres coñecer os proxectos finalistas do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente...

Queres coñecer os proxectos finalistas do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra?

A esta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presentáronse máis de 70 persoas e máis de medio cento das solicitudes recibidas cumpriron cos requisitos das bases.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O 22 de xullo, o xurado do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra reuníase para seleccionar as 10 ideas que agora deberán presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro. As ideas seleccionadas polo xurado do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra son:

GALEGHEEÑO, o GHEE da Ribeira Sacra: O Ghee é un superalimento ancestral con amplas propiedades organolépticas e nutricionais. Só ten 1 ingrediente, o leite de vacas alimentadas 100% a pasto.
RESPIRO SOSTIBLE: Transformación de residuos vexetais en papel sostible para reducir a deforestación e xerar emprego no rural.
ALAMBIQUEIROS DA SACRA TERRA: Destilería profesional na Ribeira Sacra para transformar o bagazo das adegas locais nun aguardente artesanal e certificada.
ENSÁCRATE: Deseño, promoción e organización de viaxes de autor e experiencias a medida para visitantes que buscan unha maneira auténtica e respectuosa de coñecer a Ribeira Sacra.
COSMÉTICA SÓLIDA ECOLÓXICA, PIEL NATURA: Cosmética sólida ecolóxica e aromaterapia galega para o benestar. Liña de cosmética con extracto de castiñeiro, agora incorporan auga termal galega nos produtos.
O FOGAR DOS SOÑOS. Rehabilitación dunha edificación rural como Queixaría/Xeadería artesanal e familiar de leite de cabra. Mostrar o proceso de elaboración dos produtos e ofrecer degustacións, visitas e talleres experienciais.
CASA MUSEO GENIA TRIGO: Proxecto artístico, etnográfico e de dinamización rural. Amplíase o espazo cunha cantina cultural, un espazo destinado a catas, talleres, reunións e experiencias sensoriais.
VIÑALERT: Desenvolvemento e implementación dun sistema de monitorización continua das constantes vitais das vides, enfocado especialmente na análise dos nutrientes do solo e da planta.
FRANQUICIAS GOURMET GALLEGO: Abrir tendas de Gourmet Gallego por todo o territorio nacional. Co proxecto poñeranse máis de 400 referencias de produtos galegos de pequenos produtores, en toda xeografía española.
LA ESCUELA DEL ORIGEN: Un espazo pioneiro en Galicia de acompañamento a colectivos vulnerables para que poidan reconectar coa súa historia, adquirir ferramentas de vida, recuperar o sentido e construír un novo camiño.

Nesta edición, aos premios en metálico para os 3 mellores proxectos, engádese un plan formativo e de asesoramento, financiado por AGADER para desenvolver cada proxecto. Deste programa de formación poden beneficiarse os 10 proxectos que pasan a esta fase final.

Así os premios desta XI edición son:

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio – 6.000 €
  • 3º Premio – 4.000 €
  • Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifesten, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolverá no primeiro semestre do 2026

As 10 ideas seleccionadas para desenvolver o seu proxecto terán que presentalo entre o 1 de agosto e o 30 de setembro do 2025, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto, na xornada de mañá do día 8 de novembro, no Parador de Turismo de Monforte. Pola noite, tamén no Parador, celebrarase a entrega de premios e a cea de clausura desta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...