O Espazo para Servizos Aéreos Comerciais Innovadores (ESCAI) será presentado oficialmente na Ribeira Sacra, concretamente no Auditorio Municipal de Chantada, o martes 29 de xullo ás 20:00 h. Trátase dunha presentación que pode interesar a viticultores e adegueiros que queiran incorporar drons para aplicacións no sector vitícola, pero tamén para outras empresas ás que lle poda resultar atractivo e produtivo o emprego deles nos seus procesos industriais e comerciais (loxística, vixilancia, etc.).
Así mesmo esta presentación é interesante para empresas do sector, operadores de drons, administracións públicas e centros de investigación
ESCAI é un ecosistema pioneiro, deseñado para catalizar o despregamento seguro, sostible, e economicamente viable de servizos aéreos innovadores en España. A Iniciativa Piloto ESCAI RIBEIRA SACRA será o primeiro despregamento real do modelo nun entorno de alto valor.
Esta iniciativa, cuxo proxecto piloto está financiado e promovido por Ineco, conta co apoio da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), ENAIRE, a Dirección Xeral de Aviación Civil (DGAC) e o Clúster Español para a Mobilidade Aérea Innovadora (SIAM).
TEMAS A TRATAR NA PRESENTACIÓN
O Modelo ESCAI: Comprenderá a visión estratéxica e os seus compoñentes clave (marco regulatorio, infraestrutura, gobernanza) para empoderar os operadores, a industria e as administracións.
ESCAI RIBEIRA SACRA. Amosaranse aplicacións prácticas no sector da viticultura, a xestión forestal e outros servizos no ámbito rural.
A Plataforma Dixital ESCAI. Neste punto haberá unha demostración en directo da ventaniña única do ecosistema, onde se poderá aprender a rexistrar unha organización e explorar oportunidades.
Para rematar farase unha chamada á acción explicando os seguintes pasos a seguir para os interesados e as vías de colaboración para as empresas interesadas.