HomeEconomíaA ruta fluvial do Sil recibe 4 veces máis visitantes que a...

A ruta fluvial do Sil recibe 4 veces máis visitantes que a do Miño

As rutas fluviais da Deputación pola Ribeira Sacra, a través dos catamaráns do Sil e do Miño, recibiron 60.000 viaxeiros no 2018, un 10% máis que no ano anterior.

Publicado o

- Advertisement -

O constante incremento de viaxeiros nas rutas fluviais da Ribeira Sacra fixo que no 2018 a Deputación reforzase o servizo, ampliando a tempada do 1 de novembro ata o 9 de decembro. A ruta fluvial de Doade foi a que máis aumentou o número de viaxeiros durante este ano, 47.578 persoas viaxaron polo Canón do Sil, fronte aos 41.715 que o fixeron en 2017. Pola súa parte, a Ruta do Cabo do Mundo en Belesar, contou con este ano con 11.430 viaxeiros.

Os viaxeiros do catamarán do Miño coñeceron as aldeas de ribeira, como Belesar, a zona de viñedo, a Praia da Cova ou a Illa de Maiorga, entre outras belezas. E no Sil, os Miradoiros de Pena do Castelo, Chelos, Cadeiras, Soutochao, as Ribeiras do Sil ou as vides de Amandi. Segundo o Deputado de Turismo, Vidal Baamonde “Con estas rutas fluviais dinamizamos a economía local dos 21 Concellos de Lugo e Ourense que integran a Ribeira Sacra, beneficiando, directamente, aos profesionais dos máis de 400 establecementos da zona. É unha aposta polo ecoturismo para xerar riqueza e emprego”.

Segundo o deputado, o servizo de catamaráns mellorouse conscientes da oportunidade económica que supoñen as rutas fluviais, “Melloramos as propias embarcacións, habilitamos unha oficina de atención turística ao público no embarcadoiro de Doade ou unha renovada Central de Reservas, que funciona as 24 horas. Tamén intensificamos as actividades de posta en valor da contorna como, por exemplo, co Festival Internacional de Música 17º, que reuniu a milleiros de persoas en espazos emblemáticos da Ribeira Sacra. Seguiremos a potenciar as rutas fluviais e as actividades na Ribeira Sacra ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo e de cara o seu merecido recoñecemento internacional”.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...