HomeEconomíaAs axudas da Xunta polos incendios chegarán aos damnificados en Pantón e...

As axudas da Xunta polos incendios chegarán aos damnificados en Pantón e Sober

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este domingo algunhas das zonas afectadas polo incendio declarado o pasado xoves no concello de Pantón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No percorrido, a conselleira desprazouse ata o lugar de Rosende, en Sober, onde puido comprobar a afección nalgúns dos viñedos da Ribeira Sacra. Posteriormente trasladouse ata San Román de Acebre, xa en Pantón.

Finalmente, rematou a súa visita no posto de mando avanzado para coñecer a situación do incendio que este luns pola tarde seguía activo, pero a Xunta desactivaba a situación 2 que fora decretada o xoves pola proximidade ás casas.

Gómez avanzou que as axudas que a Xunta de Galicia puxo a disposición para paliar os danos dos lumes chegarán tamén a todos os damnificados polos novos incendios forestais.

Visita conselleira Medio Rural incendio Pantón / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...