HomeEconomía"O que non arde", programa de axudas á gandaría extensiva, preséntase este...

“O que non arde”, programa de axudas á gandaría extensiva, preséntase este 24 de setembro en Quiroga

A convocatoria de axudas, dirixida a ganderías con cabalar, ovino, caprino ou porcino, está aberta ata o 29 de setembro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo presentará o mércores, 24 de setembro, en Quiroga o programa de axudas á gandaría extensiva “O que non arde”, dando continuidade a ronda de xuntanzas informativas que está a desenvolver en distintas localidades da provincia.

O encontro, que se celebrará na Casa da Cultura ás 19.30 horas, contará coa presenza de persoal técnico que detallará os requerimentos e documentación necesaria para solicitar as axudas, dirixidas a gandarías de cabalar, ovino, caprino e porcino.

A través da convocatoria “O que non arde”, á area de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia investimentos e gastos relacionados co manexo e a alimentación do gando en extensivo. O prazo de presentación de solicitudes abriuse o pasado 2 de setembro e manteresa aberto ata o 29 de setembro. As bases e formularios están dispoñible na web da Deputación de Lugo, no apartado Medio Rural> Subvencións Concorrencia Competitiva> O que non arde.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...