HomeEconomíaO carné+65 ofrece descontos en máis de 100 negocios lucenses

O carné+65 ofrece descontos en máis de 100 negocios lucenses

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, animou este luns ás persoas maiores de 65 anos da provincia de Lugo a beneficiarse das vantaxes do Carné+65, que inclúe descontos e oportunidades en comercios e servizos culturais, de ocio e sanitarios de toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias visitou a empresa de telecomunicacións chantadina A Túa Xanela, que ofrece acceso a internet, telefonía e televisión. É un dos 104 establecementos lucenses asociados ao programa, entre os que figuran aloxamentos, axencias de viaxes, balnearios, ópticas, centros de audición, clínicas dentais, farmacias, servizos culturais e de espectáculos, tendas de moda e comercios de ámbito diverso.

A Consellería de Política Social e Igualdade envía o carné aos galegos maiores de 65 anos, e se alguén non o recibiu pode solicitalo dirixíndose ao seguinte enderezo de correo electrónico: xestion.carne65.maiores@xunta.gal.

O Carné+65 é gratuíto para os ususarios e non precisa ser activado. Tan só haberá que presentalo nos establecementos inscritos para aproveitar os seus beneficios. Entre as posibilidades que ofrece, atópanse descontos directos de ata o 30% e beneficios especiais en numerosas actividades.

O programa conta cunha páxina web na que poden consultarse todos os detalles e a listaxe completa de negocios adheridos, que en toda Galicia son máis de 900. Na mesma web está dispoñible o formulario para que se apunten novas empresas.

Arias lembrou que a medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para garantir unha vida activa, saudable e independente ás persoas maiores, entendendo o envellecemento activo non só como actividade física, senón que tamén teña en conta a participación social e a estimulación intelectual. Outras accións nese mesmo sentido son o programa Benestar en Balnearios, as Casas do Maior, o programa Xuntos polo Nadal ou as aulas sénior.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...