HomeEconomíaRibeira Sacra Next, a Asociación de Empresas innovando con raíces no rural

Ribeira Sacra Next, a Asociación de Empresas innovando con raíces no rural

O Parador de Turismo de Monforte acolleu este mércores, 1 de outubro, un encontro empresarial baixo o título, “Innovación con raíces. Emprendemento que transforma o rural". Medio cento de empresas da Ribeira Sacra déronse cita nunha nova actividade promovida pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next coa colaboración do IGAPE e do Círculo de Empresarios de Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na benvida institucional, Emilio Rial, director xeral de Coren en representación do Círculo de Empresarios de Galicia, referiuse á necesidade de saír ao territorio e escoitar as demandas do sector empresarial, “vincular o local e o global para atender a toda a diversidade empresarial. Benvidos a esta ruta cara o futuro de Galicia”.

Pola súa banda a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, falou da Ribeira Sacra como espazo de tradición, historia e innovación e falou da importancia da colaboración púbico-privada, “o obxectivo de encontros como este é escoitar ás empresas para entre todos poder cambiar as cousas”.

Encontro empresarial Parador de Turismo / Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

Severino Rodríguez, estreábase neste acto como novo presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e agradecía a xenerosidade e o traballo feito ata agora ao frente da Asociación por Manuel Dacosta. Rodríguez fixo un chamamento á cooperación e á innovación, “cremos neste territorio, sabemos da boa vontade das empresas por colaborar e cooperar. Vaiamos por ese camiño e busquemos a innovación, non só tecnolóxica, senón innovación nos modelos de xestión e nos modelos de relación”.

Despois da benvida institucional continuaría o almorzo de traballo no que interviron Xesús Mazaira, socio fundador da queixaría Airas Moniz, e Iñaki Castiñeira, Fundador de A Tua Xanela, operador de fibra e telefonía. Ambos os dous abordaron os retos e oportunidades de emprender no ámbito rural, mostrando como a innovación e a colaboración poden impulsar proxectos con impacto económico e social.

Encontro empresarial Parador de Turismo / Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...