HomeEconomíaCal é o investimento real dos Presupostos Xerais do Estado na zona...

Cal é o investimento real dos Presupostos Xerais do Estado na zona sur de Lugo?

A provincia terá unha aportación de 71,2 millóns de euros para infraestruturas que a vertebren. A inversión real de Fomento increméntase nun 18,24% con respecto ao 2018.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegura que cos Presupostos Xerais do Estado se busca converter a provincia nun referente do noroeste español. Javier Losada ve nestes presupostos a resposta ás“políticas regresivas e antisociais do Partido Popular”.

“Son uns presupostos realistas, que garanten inversión para completar grandes proxectos e dar continuidade a outros. Son uns presupostos sociais, que pensan nas persoas, recuperando dereitos e benestar social. E son uns presupostos progresistas, que garanten os ingresos, cunha política contributiva que protexe ás pequenas e medianas empresas e ás familias con rendas medias e baixas”. Javier Losada defende as “dúas vertentes ben definidas” destes presupostos, “as personas e o cemento”.

Para a A-76 (Ponferrada-Lugo) recóllense 422.000 euros e están previstos 9,4 millones para adecuación dos tuneis en estradas da provincia. Recóllense 200.000 para a rehabilitación do firme na N-540, 400.000 para a mellora dos cruces dos Camiños de Santiago na N-547 e 1.200.000 euros para intervencións no Camiño Francés nos concellos da provincia. Outros investimentos para a o sur de Lugo son 400.00 euros para a conservación e restauración do Mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte, 5.100.000 euros para a electrificación da liña Monforte Lugo, 8.800.000 euros para a renovación de variantes na liña Monforte Lugo e 15.380.00 para a Confederación Hidrigráfica Miño-Sil.

O importante, segundo Javier Losada, é a execución, que cos presupostos anteriores estaba “once puntos por debaixo da media nacional”, con 2.000 millóns de euros sen destino nos últimos cinco anos en Galicia.

Losada destacou que “a revalorización das pensións beneficiará a 116.000 lucenses que disporán de 9,4 millóns de euros máis para incrementar as súas pensións”. Increméntase as becas para chegar a 52.426 estudantes con 30,5 millones de euros. A recuperación do subsidio de desemprego para maiores de 52 anos supón unha inversión de 15,1 millóns para chegar a 5.343 gallegos.

Con 1,6 millóns beneficiarase a máis de 2.000 lucenses na equiparación do dereito de paternidade e maternidade. 9,5 destinaranse ao desenvolvemento do Ingreso Mínimo Vital para chegsar a case 74.000 galegos. E coa supresión progresiva do copago farmacéutico beneficiarase a máis de medio milleiro de pensionistas.

Prevense 80 millóns de euros para un programa que fai frente ao reto demográfico nos concellos de menos de 10.000 habitantes, na provincia 61 dos 67 concellos cumpren a condición.

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...