HomeEconomíaO 'Ecoturismo' como proposta para poñer en valor e dinamizar o Courel

O ‘Ecoturismo’ como proposta para poñer en valor e dinamizar o Courel

A Estación Científica courelá acolle do 2 ao 4 de outubro unhas 'Xornadas Técnicas de Ecoturismo' que reúnen expertos, administracións e entidades locais para avanzar nun modelo turístico sostible no territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves quedaron inauguradas as Xornadas Técnicas Ecoturismo en Ancares-Courel: experiencias e reflexións para o desenvolvemento rural, sesións que se celebrarán ata o domingo 4 de outubro na Estación Científica do Courel.

No encontro contarase coa presenza de preto dunha vintena de expertos, administracións e entidades locais para avanzar nun modelo turístico sostible que poña en valor a riqueza natural e cultural da provincia.

A alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel, Dolores Castro, estivo acompañada na presentación pola deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Esta última puxo en valor o apoio ás xornadas dende a Deputación porque “temos claro que o turismo é unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da nosa provincia”. Engadiu ademais a Deputada que “non se trata de atraer só visitantes, senón de facelo dunha maneira respectuosa co medio ambiente, que xere oportunidades económicas, que contribúa a fixar poboación no rural e que poña en valor o noso patrimonio natural e cultural”.

O PROXECTO

As devanditas xornadas forman parte do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC), impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola.

Conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

OBXECTIVO DAS XORNADAS

As xornadas, que se celebran nun dos enclaves de maior biodiversidade de Galicia, teñen como obxectivo compartir coñecemento científico, impulsar unha xestión sostible do monte e promover iniciativas turísticas que dean resposta aos retos do rural. Nese senso, García Porto destacou o papel das asociacións, empresas e persoas emprendedoras que están a transformar os recursos naturais en experiencias turísticas auténticas.

PROGRAMACIÓN

No día da inauguración, este xoves 2 de outubro, falouse pola mañá de ‘Ecoturismo e valorización de recursos locais’. Nesta mesa estiveron Inés Gusman (Fundación CEER), Ana Llano (Asociación de Ecoturismo en España), Manuel Vázquez Torrón (Asociación de Desenvolvemento Serra do Courel), Roberto Castro (Xeoparque Montañas do Courel) e Fe Álvarez (Xeodestino Ancares Terras de Burón).

Xa pola tarde, o debate, moderado por Francisco García, da Fundación Juana de Vega, focalizouse na visión do territorio como escenario de oportunidade para o desenvolvemento.

VENRES 3 DE OUTUBRO

9:30 h – Panel “Persoas e recursos, as claves para o deseño de experiencias turísticas”, moderado por Ana Llano. Participan Lola Pérez (Piornedo Anda), Martina Ferradás e Xabier Blanco (Fundación LEGAR), Jimena Santalices (Cabanas de Ancares) e Guillermo Díaz (Coureleando).

12:00 h – Dinámica participativa da Fundación Juana de Vega.

16:30 h – Visita á Fundación Novoneyra e percorrido polo Souto da Ruibal.

SÁBADO 4 DE OUTUBRO

10:45 h – Experiencia turística sostenible “O souto, centro de vida” coas explicacións da Sociedade Micolóxica Lucus.

16:30 h – Ruta “Quilómetro da biodiversidade”, coordinada por Coureleando, con demostración do uso da app iNaturalist para ciencia cidadá.

ÚLTIMAS

Julio Quiroga: “a oliveira autóctona atopámola este ano con pouca carga e coa oliva moi madura”

O mes de novembro é o mes tradicional de recollida de olivas no sur...

‘Na procura de cogomelos’, nova actividade de Segredos de Pantón

A asociación cultural "Segredos de Pantón" informa da organización dunha actividade consistente nun percorrido...

A Ponte de Cruzul, en Becerreá, dá os pasos para ser declarada BIC

O Ministerio de Cultura iniciou os trámites este xoves para incluír como Ben de...

Dúas instalacións da Ribeira Sacra, premio de fin de grao da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

Os mellores proxectos defendidos e superados polo alumnado recaeron na súa totalidade en traballos...