HomeEconomíaA Conselleira do Medio Rural destaca a importancia do Leader no desenvolvemento...

A Conselleira do Medio Rural destaca a importancia do Leader no desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou este mércores a empresa de fabricación de maquinaria Ramiro Vila S.L. en Monforte de Lemos. Alí, reafirmou a importancia da intervención Leader, financiada con fondos europeos, á hora de favorecer o desenvolvemento rural, con axudas como as de apoio a terceiras persoas das que compañía monfortina foi beneficiaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta empresa de Monforte de Lemos, no 2024 recibiu unha achega de máis de 75.000 euros, a través da xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-O Courel, para a adquisición dun equipo robotizable totalmente programable que permite incrementar a produtividade e aforrar en custos de produción. A conselleira salientou que esta incorporación ao sistema de traballo é un exemplo da aposta pola innovación desde o rural deste proxecto que conta con 40 traballadores e produce máis de 1.000 máquinas ao ano.

Neste sentido, destacou o impulso do Goberno galego a este tipo de iniciativas, que encaixan coas políticas de apoio á modernización do campo e á fixación de poboación nas zonas rurais.

A conselleira fixo fincapé en que o financiamento do Leader “periga” coa proposta da Unión Europea para a nova PAC 2028-2034, “xa que a proposta supón o desmantelamento do modelo actual baseado en dous piares con dous fondos diferenciados que permiten asegurar a renda dos agricultores e fomentar o desenvolvemento rural”. Insistiu en que estes fondos son “esenciais” para Galicia, onde se aplican directamente nos concellos destas contornas para fixar poboación e crear emprego.

A maiores, Gómez lembrou que a convocatoria de 2025 das axudas en apoio de terceiras persoas do Leader conta cun orzamento de 12,6 millóns de euros, dentro do Plan Estratéxico da PAC, e recibíronse 600 solicitudes para poñer en marcha diferentes proxectos de desenvolvemento rural. A través desta medida e no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR), desde o 2014 apoiouse a creación de 1.100 novos empregos e a consolidación de máis de 4.000.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...