HomeEconomíaAta o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

Cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte, así como do alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fora do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso. Así, as axudas comprenden o período establecido entre setembro do 2025 e xullo do 2026.

Os interesados en participar no presente concurso, deberán xustificar documentalmente a concorrencia dos seguintes requisitos:

  • Estar empadroados no Concello de Monforte no período inmediatamente anterior á presentación da solicitude.
  • Demostrar documentalmente estar matriculado no curso 2025/2026 para os solicitantes da axuda en calquera universidade, ciclo de formación ou bacharelato.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias (Administración Estatal, Autonómica e Local) e coa seguridade social, na data de presentación da solicitude para o que deberán presentar declaración xurada  co compromiso de manter o cumprimento das anteriores obrigas durante o período de tempo necesario para a tramitación e resolución do expediente.
  • Non estar incurso en ningunha das prohibicións da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.

Estas axudas serán compatibles coas concedidas por outras administracións ou entidades privadas sempre e cando o importe total das axudas non supere o gasto total. Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. Quedarán excluídas aquelas rendas per cápita familiares superiores a 12.000€. Cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.

As instancias para participar neste concurso atoparanse a disposición dos interesados na páxina web municipal https://www.monfortedelemos.es/gl/axudas/. As solictudes poden presentarse no rexistro xeral do Concello.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...