HomeEconomía435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

A Xunta está a finalizar as obras de acondicionamento da estrada autonómica LU-636 ao seu paso por Sarria, dende o inicio da vía na rúa Diego Pazos – pq 0+830 – ata o polígono do Morelle – pq 4+300 -.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar a marcha dos traballos, nos que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas inviste 435.300 euros.

A actuación supón a rehabilitación do firme en 3,5 quilómetros, incluído o tramo urbano, mediante a execución de fresados e a reposición do pavimento con formigón bituminoso en quente no ancho completo da plataforma. Tamén se repintan as marcas viarias en todo o treito, comezando pola travesía de Sarria – rúa Diego Pazos -.

Ademais, na zona urbana implantáronse medidas de ‘calmado do tráfico’ para reforzar a seguridade, consistentes na execución dun lomo de asno redutor da velocidade na entrada á travesía; e na instalación de dous pasos peonís sobreelevados.

O delegado lembrou que esta actuación enmárcase no contrato adxudicado o pasado mes de xuño por 2,3 millóns de euros de orzamento, que inclúe tamén actuacións nas vías LU-536 e LU-622 en Sarria; e na LU-533 no Saviñao.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...