HomeEconomíaGandaría Quintián do Páramo, a transformación para xerar valor engadido

Gandaría Quintián do Páramo, a transformación para xerar valor engadido

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou en visita ás instalacións do Páramo, que a consellería do Medio Rural aprobou o pasado ano na provincia de Lugo axudas por valor de case 11,6 millóns de euros a través dos Plans de mellora, o programa de incentivos para a modernización de explotacións agrarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita á Gandaría Quintián, o delegado territorial destacou, que se trata dunha empresa en expansión “que aposta pola innovación e pola transformación para xerar valor engadido”. A firma comercializa a súa propia leite pasteurizada e distintos tipos de queixo.

O delegado gabou o impulso de Chelo López e Julio López ao fronte da empresa, “modernizando as instalacións e diversificando a produción con criterios de calidade e sostibilidade para que sexan máis rendibles”. Ao respecto, destacou o apoio do Goberno galego neste proceso ao abeiro de varias convocatorias de axudas dos últimos anos.

Os Plans de mellora da Consellería beneficiaron no pasado exercicio a 90 explotacións da provincia, 29 das cales corresponden á comarca de Sarria e suman unha contía de 4,2 millóns de euros.

A este respecto convócanse outros programas de achegas, como os que priman a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria para favorecer a remuda xeracional, unha convocatoria dotada con 36 millóns de euros neste 2025

ÚLTIMAS

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...