HomeEconomíaO sur de Lugo recibe 22 millóns de euros dos Presupostos do...

O sur de Lugo recibe 22 millóns de euros dos Presupostos do Estado para a mellora do ferrocarril e das estradas

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou, este xoves, da repercusión que teñen para o sur da provincia de Lugo os Presupostos Xerais do Estado para 2019

Publicado o

- Advertisement -

Segundo a subdelegada do Goberno, os Presupostos no sur da provincia “beneficiarán a máis de 30.000 pensionistas dos concellos do sur da provincia e suporán un investimento de máis de 22 millóns directos na zona para a mellora de estradas e do ferrocarril”.

Isabel Rodríguez detallou que a revalorización das pensións beneficiará a  30.615 veciños residentes nos concellos das comarcas de Lemos, Sarria, Chantada e A Ulloa. Nas partidas económicas en investimentos para a modernización das comunicacións por estrada e ferrocarril na provincia de Lugo, destacou de Adif  8,8 millóns de euros para a renovación de variantes da liña Monforte-Lugo, 5,1 millóns á electrificación da liña Monforte Lugo e outros 160.000 euros para  a Liña de Alta Velocidade Lugo-Ourense.

Ademais, Fomento reserva 422.290 euros para a A-76 na circunvalación de Monforte. Este concello contará tamén cun orzamento de 400.000 euros con destino á labores de conservación e restauración do Mosteiro San Vicente do Pino.

Na comarca de Sarria, os concellos de Paradela, Portomarín e Samos beneficiaranse dos investimentos previstos dentro do programa de intervencións en  concellos do Camiño Francés, que conta con unha partida total de 1,2 millóns de euros. Os Presupostos inclúen, tamén, 200.000 euros para rehabilitación do firme da N-540 e outros 200.000 euros con destino á N-547 para melloras nos cruces dos Camiños de Santiago

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...