HomeEconomíaSeis comercios da Comarca de Sarria melloran a súa competitividade con axudas...

Seis comercios da Comarca de Sarria melloran a súa competitividade con axudas da Xunta

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou o ano pasado un total de 27.100 euros a apoiar actuacións de mellora da dixitalización, modernización e sostibilidade ambiental de cinco negocios de Sarria e un de Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou en Sarria a tenda de calzado Cris Abad, que se acolleu en 2025 a estas axudas orientadas a financiar iniciativas de dixitalización, innovación e sustentabilidade ambiental promovidas por negocios locais e artesanais. Ademais deste establecemento, outras cinco empresas foron beneficiadas por estas axudas; entre as empresas beneficiarias da comarca sarriana hai tendas de moda e complementos, unha xoiaría e un comercio de alimentación.

Este programa abranguía tres liñas compatibles entre si para mellorar a competitividade das empresas. Unha delas orientada á dixitalización e á innovación comercial; a outra á modernización das instalacións; e unha terceira á sustentabilidade ambiental no emprego de embalaxes.

Arias destacou que esta iniciativa enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, que recolle 74 accións específicas para promover un sector clave para a economía da Comunidade.

AXUDAS PARA A INNOVACIÓN E SUSTENTABILIDADE DO COMERCIO LOCAL E ARTESANAL 2026

A convocatoria de axudas, en prazo para ser solicitadas para este 2026, conta nesta ocasión cunha dotación de preto de 4 millóns de euros. O prazo para solicitalas comezou o pasado 16 de xaneiro e estará aberto o prazo ata dentro dun mes.

Establecementos beneficiarios:

Comerciantes retallistas: Pemes con domicilio social e actividade en Galicia, cun máximo de 10 traballadores e superficie de venda igual ou inferior a 300 metros cadrados. Non poderán ser beneficiarios se xa recibiron esta axuda na convocatoria anterior (salvo excepcións de mantemento ou sustentabilidade).

Obradoiros artesáns: Deben estar inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (ou solicitar a inscrición ata o día de presentación da axuda).

Que se subvenciona?

Liña 1 (Dixitalización): Webs, software de xestión, redes sociais, márketing dixital, etc. (Máx. 18.750 €).

Liña 2 (Modernización): Reformas do local, mobiliario, eficiencia enerxética (iluminación, climatización), etc. (Máx. 20.000 €).

Liña 3 (Sustentabilidade): Embalaxes sustentables e reducción de plásticos coa marca Comercio Galego (Máx. 2.500 €).

Entre as novidades deste ano destaca a simplificación administrativa e a axilización do procedemento de concesión e dos pagamentos anticipados. Tamén se amplía o período subvencionable para atender todas as actuacións realizadas desde o fin do prazo marcado na orde anterior, o 25 de outubro de 2025.

A Orde na que se recollen as bases desta convocatoria de axudas está publicada no DOG e pódese acceder dende aquí.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...