HomeEconomíaO Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra comeza o seu Bono...

O Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra comeza o seu Bono de Asesoramento

Este mércores, 4 de marzo, ás 16:00h, presentouse na aula de reunións do IES Río Cabe (Monforte de Lemos), o Bono de Asesoramento co que o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, amplía os premios que se entregan aos proxectos finalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na edición número XI do pasado ano, aos premios económicos que reciben os tres proxectos gañadores (1º Premio de 10.000€ para O FOGAR DOS SOÑOS / 2º Premio de 6.000€ para ENSÁCRATE  / 3º Premio de 4.000€ para VIÑALERT), engadiuse para os 10 finalistas a posibilidade de acceder a un programa de asesoramento estratéxico que conta coa financiación de AGADER.

Con este bono de asesoramento o Concurso e Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra dá un paso máis para fortalecer a viabilidade e sustentabilidade dos proxectos finalistas a través dun acompañamento especializado en distintas áreas:

  • Mentoría personalizada: Para guiar aos emprendedores nos seus desafíos estratéxicos e operativos.
  • Asesoramento en modelos de negocio sostibles: Para estruturar proxectos con bases sólidas e escalables.
  • Xestión financeira e acceso a financiamento: Para mellorar a administración de recursos e explorar oportunidades de investimento.
  • Taller grupal de networking e creatividade: Para fomentar a colaboración e xerar sinerxias entre os emprendedores.

O bono de asesoramento deséñase baixo un enfoque práctico e personalizado, asegurando que cada emprendedor reciba apoio en función do seu nivel de desenvolvemento e sector de actividade. A combinación de sesións individuais e grupais garante un equilibrio entre a formación técnica e a creación de redes de apoio, fundamentais para a consolidación de negocios en contornas rurais.

Da presentación da actividade que se desenvolverá durante catro meses, combinando encontros presenciais e online, participaron a directora xeral de Agader, Mª Paz Rodríguez Rivera; un dos técnicos que imparte a formación por parte de EOSA, Javier Germade e en representación da Asociación Semente de Monforte que promove o Concurso de Proxectos Empresarais e esta formación, a presidenta, Pilar López

Presentación Bono Semente / Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...