HomeEconomíaMáis de 900 solicitudes para 56 postos de traballo que promove a...

Máis de 900 solicitudes para 56 postos de traballo que promove a Deputación de Lugo

O programa "Tecendo Emprego" do Executivo Provincial pretende favorecer a contratación de veciños e veciñas en paro con maiores dificultades para atopar traballo, xente nova sen experiencia ou maiores de 50 anos.

Publicado o

- Advertisement -

Esta iniciativa de emprego busca cumprir dous obxectivos complementarios, por unha banda favorecer a contratación de desempregados/as con serias dificultades para atopar traballo, e por outra tratar de reforzar o labor social que desenvolve o tecido asociativo lugués.

En concreto serán 41 asociacións da provincia as que se beneficiarán do traballo daqueles que finalmente resulten contratados/as. Estas entidasdes desenvolven unha actividade social moi variada: ofrecen atención profesional a xente con discapacidade, enfermidades mentais, autismo ou alzheimer; á muller en distintos ámbitos; ou mesmo a profesionais de sectores punteiros como o lácteo ou o forestal.

Deste xeito, os perfís que se solicitaron preferentemente foron: educadores/as sociais, licenciados/as en Psicoloxía, ADE, pedagogos/as, enxeñeiros/as agrícolas; administrativos/as; mestres; terapeutas ocupacionais e técnicos/as especializados en dependencias ou en explotacións gandeiras.

En base ás máis de 900 solicitudes, só 56 prazas serán as definitivamente asignadas: 31 están dirixidas a lucenses en paro menores de 35 anos e sen experiencia laboral, mentres que 19 son para veciños/as de entre 30 e 50 anos, e 6 para maiores de 50 anos.

Os colectivos sociais da provincia beneficiados do “Tecendo Emprego” recibirán axudas da Deputación de entre 18.000 a 24.000 euros para asumir os custos laborais dos traballadores durante 1 ano. Máis información da convocatoria e do proceso de selección no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...