HomeEconomíaRepresentación da Xunta e da Deputación de Lugo en Fiporco 2019

Representación da Xunta e da Deputación de Lugo en Fiporco 2019

José Manuel Balseiro, da Xunta de Galicia, Pablo Rivera Capón e Eduardo Vidal Baamonde da Deputación Provincial de Lugo, non quixeron perder este evento e estiveron presentes tamén no xantar da XI Festa do Cocido de Porco Celta.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, gabou os produtos cárnicos do porcino galego, “pola súa gran calidade gastronómica e o valor engadido que achegan aos produtores” e puxo en valor “o importante traballo que se veu desenvolvendo nos últimos anos, coa colaboración da Xunta, para a recuperación da raza porcina celta”, que, segundo apuntou, “é cada vez máis demandada polos consumidores”.

Segundo Balseiro, a crianza de porco celta estase a converter nunha opción emprendedora para xente do rural que opta por esta actividade gandeira e xa se están a facer aproveitamentos en extensivo en zonas da provincia de Lugo como Sarria, O Incio, Friol ou A Fonsagrada.

Por outra banda, o Deputado pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, tamén quixeron participar neste evento e acompañaron á Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez.

Rivera Capón puxo en valor “a relevancia que acadou este evento, non só para a Comarca de Sarria, senón para toda a provincia, como impulsor da raza do Porco Celta e da súa gastronomía. Fiporco converteuse nunha cita de referencia dentro do calendario gastronómico da nosa provincia, sendo capaz de reunir a un milleiro de amantes dos produtos derivados desta raza autóctona”.

A III Edición da Feira Internacional do Porco e os seus produtos FIPORCO e XI Festa do Cocido do Porco Celta, permitiu este pasado sábado promover o porco celta como única raza porcina española autorizada para o uso do logotipo Raza Autóctona 100%. Neste senso, o Executivo Provincial colaborou economicamente co evento con 3.000 euros e tamén financia, a través da Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta ASOPORCEL, programas sanitarios nas explotacións de porco celta da provincia para axudar aos produtores lucenses.

Porcos celtas. Fonte: USC

Se ben é certo que o porco celta preséntase como alternativa de calidade entre os produtos cárnicos porcinos, empresarios que se dedican a comercializalo consultados evidencian que aínda que teña potencial a día de hoxe resulta difícil colocalo no mercado. Os principais atrancos para dar un salto son que hai pouca produción é o prezo. A día de hoxe mercar porco celta sae moi caro para o consumidor medio e non se producen grandes cantidades que puidesen abaratalo. Os consumidores de maior nivel adquisitivo ou os mercados delicatessen son unha posibilidade pero tampouco é doado atoparlle un oco neles.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...