Os tres cursos para traballadores desempregados que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade, teñen un investimento de 77.700 euros. A primeira actividade será a de Actividades auxiliares en florería, que rematará a comezos de xullo.
Na segunda quincena de marzo comezará un curso sobre Instalación de mobles, que se prolongará ata finais de setembro. E xa no mes de xuño porase en marcha un terceiro curso, sobre Actividades de florería, que rematará en novembro.
As persoas que estean interesadas nestas actividades poden coñecer as datas concretas de inicio e outra información de interese no propio centro de formación, situado na rúa Camiño Real. O centro está dotado de dúas aulas, talleres interiores para carpintaría e talleres exteriores nunha parcela de 1800 metros cadrados destinada a cursos agrarios, con dous invernadoiros. Imparte fundamentalmente cursos de carpinteiro, ebanista, horticultor, xardineiro, floricultor e florista.