HomeEconomíaMoi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Entre o 9 e o 12 de outubro prevese unha ocupación media do 80,14 %. No ano 2025 a media situouse no 68,3 %.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación turística no destino Ribeira Sacra de cara á ponte do Pilar, entre o 9 e o 12 de outubro, sitúase nunha media do 80,14 %. A previsión supera en máis de 12 puntos porcentuais o dato rexistrado en 2025, cando a ocupación se situara no 68,03 %. Con todo, o ano pasado o día 12 de outubro caeu en domingo e só algunhas comunidades autónomas trasladaron o festivo ao luns 13.

Por tipoloxías, as previsións son as seguintes:

Hoteis 4 e 3*: 93,01 %

Turismo Rural: 86,77 %

Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 58,33 %

  • Outros alox. (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 82,44 %
BALANCE DE SETEMBRO E PREVISIÓN ACTUAL PARA OUTUBRO

Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten un bo comportamento da ocupación durante o mes de setembro, cunha media do 65,21 %.

Por categorías, os datos de ocupación foron os seguintes:

Hoteis 4 e 3*: 86,68 %

Turismo Rural: 60,20 %

Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 43,33 %

Outros aloxamentos (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 70,63 %

Setembro mellora así os datos rexistrados no mesmo mes de 2025, cando a ocupación media se situara no 57,03 %, o que supón un incremento de 8,18 puntos porcentuais. A ocupación alcanzou o 58,58 % durante os días laborais e elevouse ata o 70,45 % nas fins de semana. En total, contabilizáronse 7.074 prazas ocupadas sobre 10.848 prazas totais.

PREVISIÓNS OUTUBRO

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra informa que a media de ocupación sitúase actualmente no 43,33 %, cifras que se corresponden coas reservas confirmadas no momento da recollida dos datos e poderán evolucionar ao longo das próximas semanas a medida que se formalicen novas reservas.

ÚLTIMAS

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...