HomeEconomíaO equipo de goberno de Monforte presume da solvencia económica do concello

O equipo de goberno de Monforte presume da solvencia económica do concello

No Pleno do próximo luns 25 de marzo darase conta da liquidación do Orzamento do ano 2018, segundo informe da intervención municipal.

Publicado o

- Advertisement -

O documento constata un superávit ou remanente positivo de 1.078.367,17 euros, mentres que a regra de gasto da un incumprimento de 489.663,93 euros. Desde o concello sinalan, que segundo a análise de intervención o non cumprimento da regra de gasto é debido ó incremento respecto a 2017 pola subida do 1,5 de todo o ano e do 0,25 en medio ano de gastos de persoal e en 200.000 euros dos contratos derivados de IPC’s ás empresas incrementos de custe en axuda a domicilio, en recollida de lixo e aplicación do IPC noutros contratos.

En total, o Concello ten uns remanentes positivos de tesourería acumulada durante este mandato de 7.325.081,41 euros. Dos cales, 3 millóns de euros están depositados a prazo en entidades financeiras.

Por outra banda, a débeda viva do Concello a 31 de decembro de 2018 era de 481.000 euros, o que representa un 3,72%. Segundo apuntan desde o equipo de goberno, ó inicio do presente mandato a débeda viva do Concello era de 1.700.563,88 euros, “reducíndose por tanto a débeda que o Concello mantiña coas entidades bancarias en máis de 1.200.000 euros”. Desde o equipo de goberno din ter vontade de chegar a débeda cero a finais do presente ano.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...