HomeEconomíaInvestimento de Adif para a mellora do tramo ferroviario Monforte-Ourense

Investimento de Adif para a mellora do tramo ferroviario Monforte-Ourense

As obras enmárcanse nas actuacións promovidas para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte e Lugo, tanto para tráfico de viaxeiros como de mercadorías.

Publicado o

- Advertisement -

Adif vén de aprobar a licitación do contrato de execución das obras de reparación de 11 desmontes situados no tramo Monforte de Lemos-Ourense, na liña ferroviaria Monforte-Vigo. Os traballos centraranse en tramos que abarcan os municipios ourensáns da Peroxa, Coles e Ourense.

O investimento total do contrato de licitación alcanza os 3.824.988,20 (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 13 meses para reforzar e reparar 11 desmontes, co obxectivo “de mellorar a seguridade e estabilidade na infraestrutura ferroviaria”, sinalou Adif.

Así mesmo, esta entidade pública dependente do Ministerio de Fomento informa que as actuacións realizaranse principalmente na banda de mantemento da liña co cal a afectación ao servizo ferroviario de viaxeiros será mínima ou inexistente.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...